Pontearas celebra o Día da Patria Galega mañá día 24 de xullo coa lectura do manifesto a cargo da escritora Isabel Blanco

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas convida a toda a cidadanía a participar nos actos institucionais programados con motivo do día da Patria Galega para mañá venres 24 de xullo ás 21 horas no Parque da Feira Vella.

A escritora Isabel Blanco lerá o manifesto e a continuación actuacións musicais dos Amigos da Unión de Guláns e o dúo Leni Pérez e Roberto Comesaña.