Ponte a Portu-Gal, semana da cultura galego-portuguesa en Ponteareas

Exposicións, proxeccións, concertos e ‘desafíos’ de regueifeiros, son algunhas das actividades previstas para esta iniciativa encamiñada a amosar o que une a Galicia e Portugal

O Concello de Ponteareas, desenvolverá, do 20 ao 23 de abril, a iniciativa que baixo o nome de Ponte a Portu-Gal, busca amosar as expresións culturais comúns que unen a Galicia e Portugal e a converten nunha zona de desenvolvemento socio e cultural compartido.

As actividades comezarán o xoves 20 de abril na Sala Multiúsos do Auditorio Municipal coa inauguración, ás 20:30 h, da exposición fotográfica ‘Aos Olhos de Eduardo’ do fotógrafo Eduardo Teixeira Pinto.

O venres 21 de abril ás 21 horas e tamén na Sala Multiúsos do Auditorio, terá lugar a proxección do documental ‘Galegos en Lisboa’ de Xan Leira.

O sábado 22 de abril, ás 20 horas, a Sala do Auditorio acollerá a proxección do documental da realizadora Diana Gonçalves, ‘Mulheres da raia’ para, deseguido, desenvolverse unha charla coloquio sobre o documental.

Ás 22 horas, e no Auditorio Municipal, terá lugar un máis que interesante concerto no que participarán Galandum Galundaina de Porgutal e Caxade de Galicia.

O domingo 23 de abril, data na que se pecha este Ponte a Portu-Gal, as actividades comezarán ás 18:30 horas. Con saída dende a Casa do Concello, os grupos Longos Vales de Portugal e Agarimos da Terra de Galicia, protagonizarán unha ruada ata o Auditorio Reveriano Soutullo onde, a partir das 19 horas, ofrecerán un concerto.

O concerto estará presentado por dous regueifeiros ou cantores a desafío de sona internacional: Augusto Canário e Luís Caruncho, que facendo un oco nos seus múltiples compromisos, non quixeron perderse a oportunidade de estar en Ponteareas neste encontro entre pobos irmáns aos que, como se dixo en máis dunha ocasión, “o Minho une moito máis do que separa”.

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, subliñaba a importancia de actividades como estas nas que queda de manifesto, afirmou, “que Galiza e o norte de Portugal comparten historia, tradicións e costumes similares e que forman unha área con enormes posibilidades de desenvolvemento socio económico conxunto que debemos aproveitar e potenciar”.

O goberno local agradeceu a colaboración na organización desta semana da asociación “Ponte nas Ondas” así como Fernando Groba, lector do Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho.

 

AUGUSTO CANARIO

Músico, compositor. Fundador do grupo Cantares do Minho. É un dos máis populares  cantores ao desafío do Norte de Portugal

 

GALANDUM GALUNDAINA

É um grupo de música tradicional de Miranda do Douro criado em 1996 com o objectivo de recolher, investigar e divulgar o património musical, as danças e a língua das terras de Miranda. O grupo faz a ligação entre a antiga geração de músicos e a geração mais jovem, assegurando a continuidade da rica tradição cultural desta região, que durante anos correu o risco de se perder.

Em 2001 foi editado o disco “L Purmeiro”. 2005 é o ano de “Modas I Anzonas”. Em 2006 é lançado o DVD “Galandum Galundaina ao Vivo”. Em 2010 é editado “Senhor Galandum”. Recebem o Prémio Megafone 2010  e o disco foi reconhecido pelos jornais Público e Blitz como um dos dez melhores álbuns nacionais do ano. Em 2015 é editado “Quatrada”, o quarto disco do grupo.