Ponte a proba como reposteira/o e participa no Concurso de Tartas da Asociación Cultural Os Muíños de Oliveira

O concello de Ponteareas convida a participar no XXI Concurso de Tartas organizado pola Asociación Cultural Os Muíños de Oliveira en colaboración co concello. Este domingo día 24 de novembro ás 17 horas todos e todas as que desexen pór a proba a súa destreza reposteira poden achegar as súas doces propostas ao centro cultural Os Muíños de Oliveira.

A organización repartirá premios nas categorías degustación, decoración e infantil e o xurado estará formado por membros da EFA A Cancela.

Os músicos da asociación cultural actuarán durante a xornada.