PLAN DE MOBILIDADE URBANA SOSTÍBEL (PMUS)
DE PONTEAREAS

O Plan de Mobilidade Urbana Sostíbel (PMUS) é unha ferramenta de planificación da mobilidade e un instrumento de concienciación e sensibilización elaborada por encargo do Concello de Ponteareas entre o ano 2019 e 2020. O documento estivo precedido doutro estudo previo de mobilidade realizado no ano 2017 e dun traballo de campo ademais dunha enquisa na que participaron case 500 persoas e que permitíu realizar unha fonda diagnose sobre a mobilidade en Ponteareas e definir un conxunto de accións para implantar formas de desprazamento máis sostibeis, priorizando a redución do transporte individual a favor do colectivo e dos modos de transporte non motorizados e facendo compatíbel o crecemento económico, a cohesión social e a defensa do medioambiente, cun último obxectivo: acadar máis calidade de vida para a veciñanza de Ponteareas.

 

Os obxectivos do PMUS abranguen pódense enumerar do seguinte xeito:

• Favorecer os desprazamentos en modos de transporte enerxéticamente máis eficientes e, en particular, a mobilidade a pé e o uso da bicicleta e do transporte público.
• Potenciar, consolidar e definir novos itinerarios peonís e en bicicleta, asegurando a seguridade e a non discriminación de persoas.
• Recuperar o viario urbano como soporte da mobilidade cotiá. Evitar a invasión do vehículo privado fronte as persoas, recuperando espazos públicos.
• Redución e calmado do tráfico nas zonas residenciais e céntricas.
• Fomentar o transporte público mellorando a oferta de servizos e os niveis de calidade global.
• Mellora da seguridade viaria e da accesibilidade.
• Mellora da calidade de vida dos cidadáns.
• Integrar as políticas de desenvolvemento urbano, económico, e de mobilidade de modo que se minimicen os desprazamentos habituais facilitando a accesibilidade eficaz, eficiente e segura aos servizos básicos co mínimo impacto ambiental.
• Mellorar as condicións ambientais tanto do aire como da contaminación acústica.
• Diminuír o consumo de enerxías non renovables e combustibles fósiles.
• Fomento dos modelos de transporte alternativos.
• Establecer políticas en materia de aparcamento que comprenderá tanto os estacionamentos disuasorios como o aparcamento no casco urbano.
• Desenvolver a integración dos transportes públicos con medidas que favorezan a intermodalidade.
• Regular o fluxo de mercadoría e as operacións de carga e descarga.
• Reordenación do tráfico e xerarquización viaria en base a funcionalidade e capacidade das vías.
• Xestionar a mobilidade nos diferentes centros de atracción satisfacendo a demanda existente.
• Establecer estratexias de fomento dos lugares de interese turístico ou zonas de ocio dunha forma sostible.

 

O Plan de Mobilidade Urbana Sostíbel é un documento elaborado por técnicos competentes en materia de mobilidade, que inspira e determina as diferentes accións que o Concello ven poñendo e seguirá poñendo en marcha: recuperación de espazos para as persoas, promoción da mobilidade a pé, obras de humanización, medidas de calmado de tráfico e redución do mesmo, reordenacións de sentidos de circulación, creación de aparcadoiros perimetrais e disuasorios, accións en materia de seguridade vial, etc.