Pías terá a súa casa cultural

sdr

O goberno de Ponteareas da resposta a unha histórica demanda dos veciños da parroquia de Pías que, tras anos de loita, poderán contar en poucos meses cunha edificación para uso colectivo da parroquia.

Logo de chegar a un acordo coa propiedade e en base á tasación realizada pola arquitecta municipal que suma 150.000€, o goberno firmará en breve a compra da futura casa cultural ubicada ao carón da igrexa no barrio do Outeiro.

Segundo os informes catastrais trátase dunha propiedade do ano 1980 que suma unha superficie total de 260 metros cadrados enclavada nun terreo de 2.663 metros cadrados.

O goberno de Ponteareas pon fin a unha demanda e á necesidade  dos 440 veciños e veciñas que viven en Pías.

Dada a carencia de locais, este espazo xa poderá poderá ser xa utilizado pero o goberno contempla unha futura reforma para adaptalo a súa nova función sociocultural.

“No terreo faremos tarefas de desbroce e contemplamos unha futura reforma de adaptación pero de momento, por fin, os veciños e veciñas de Pías teñan un lugar donde reunirse e donde desenvolver actividades para o seu tempo de lecer”, explica o Alcalde.

Á espera de recibir o préstamo con interés cero, o goberno prepara toda a documentación precisa.

“Ter realizado unha boa xestión económica e sacado da crise de débedas na que estabamos afundidos permítenos agora adquirir patrimonio para a veciñanza contratando préstamos sen intereses que permiten un pago cómodo e viable”, engade Represas.