Peter Punk actúa na Praza Maior co seu espectáculo “Peor imposible”

O venres día 19 de agosto continuando coa programación de verán  da Concellería de Cultura, na Praza Maior ás 20 horas poderemos desfrutar nun ambiente familiar da actuación de Peter Punk que porá en escena a obra PEOR IMPOSIBLE coa que sen dúbida fará as delicias de cativos e maiores.