A Perillana renova por completo o parque infantil cun orzamento de 57.000 euros

O Concello de Ponteareas redeseña o parque infantil da Perillana que a partir de agora contará con novos xogos diferentes ocupando unha maior superficie. O chan de caucho será renovado por completo.

Na obra, que xa comezou nestes días, estanse a retirar os xogos deteriorados incorporando elementos de xogo novidosos, algúns adaptados a menores con mobilidade reducida, incorpora unha tirolina cunha caída de un metro para nenos e nenas maiores de cinco anos, unha casa árbore, unha formiga tobogán, balancíns e montañas con camas elásticas e tobogáns en acero inox, entre outros elementos.

Todos os xogos serán de materiais antideslizantes e disporánse de xeito que faciliten a socialización dos cativos e cativas e con cores uniformes para a súa integración nunha contorna de elevando valor patrimonial.

O entorno do parque infantil mellorarase tamén coa colocación de bancos e papeleiras que completa un orzamento de 57.003€.

Para o goberno de Ponteareas a mellora da calidade de vida dos máis novos é fundamental xa que son o futuro de Ponteareas. Seguindo as directrices marcadas na estratexia “Ponteareas, Hábitat Saudable” o goberno apostará sempre pola implantación de áreas de convivencia e participación, a mellora de espazos que faciliten a socialización e promovan hábitos de vida saudables.