Peche ao tráfico da rúa Canteiro José Cerviño por obras de restauración ambiental

Copia de tramo pechado ao tráficoO Concello de Ponteareas quere informar a todos os veciños que, debido ao desenvolvemento das obras que se están levando a cabo de “Restauración ambiental e mellora de drenaxe do río Canedo”, producirase o peche ao tráfico da rúa Canteiro José Cerviño, afectando ao tramo comprendido entre a rúa Real e a rúa das Cachadas (subida ao Centro de Saúde) desde o luns día 11 de agosto ata, previsiblemente, o día 11 de setembro de 2014. Este tramo estará pechado ao tráfico tanto para os vehículos como para os peóns.

O alcalde do Concello de Ponteareas, Salvador González Solla, pide desculpas polas molestias e inconvenientes que se poidan causar e solicita a comprensión e colaboración de todos os veciños para poder acometer estas obras tan importantes para a recuperación ambiental do río Canedo, coa separación das augas pluviais e fecais que discorrían ata o de agora conxuntamente. As obras que se van levar a cabo durante o tempo que permanecerá pechado o tráfico consistirán na instalación dun caixón de formigón baixo a rúa Canteiro José Cerviño que dea paso ao río Canedo e ao colector de augas.