Un patio escolar ideal é posible

O Concello de Ponteareas recibíu ao alumnado de sexto e primeiro de primaria do CEIP Santiago de Oliveira que acompañados dos seus profesores Elisabeth Pregal, Almudena Doallo e Xabier Gómez presentaron no salón de plenos do Concello o seu proxecto “O Patio que Queremos”.

Dentro do proxecto presentador a I Bienal Xuvenvil de Arquitectura (Ludantia), os alumnos de Santiago de Oliveira desarrollaron un complexo planeamento que recovertirá o seu patio escolar nun lugar que acolla unha pista de patinaxe, unha xona de graffitis, un observatorio de aves, unha pista de baile con espellos e unha barra para estiramentos, un merendeiro, un rocódromo, unha zona de cabanas para lectura e un espazo de descanso con bancos, todo protexido cunha rede que evite que cheguen os balóns de fútbol.

Convertir o barranco nunha zona de gradas naturais tamén está dentro das súas propostas. Dirixidos pola licenciada en Belas Artes, Alba Muñoz e a arquitecta Natalia Campos e supervisados por Xosé Manuel Rosales Noves do Colexio de arquitectos de Galicia, estes alumnos convertidos nun grupo de aparelladores, delineantes, deseñadores e arquitectos adicaron horas de traballo a detectar as necesidades, recoller ideas, seleccionar prioridades, deseñar accións e confecionar maquetas que plasmaran os seu patio escolar ideal.

O proxecto permitíulles unha intensa práctica de exploración do terreo  e converténdose case en topógrafos aprenderon a interpretar planos e escalas. 

Defendendo diante da Concelleira de Ensino, Cristina Fernández, e do Alcalde, Xosé Represas o seu proxecto conseguiron que o Concello comece xa a encargar o proxecto da pista de patinaxe e avanzar na zona de graffitis na que se comezou a traballar nada máis iniciarse o presente curso escolar.