Participa nas actividades que a Concellería de Cultura organiza con motivo da celebración do Día das Letras Galegas

O Concello de Ponteareas quere lembrar á figura do homenaxeado co Día das Letras Galegas, Ricardo Carvalho Calero, intelectual e escritor que defendeu e promoveu a cultura e lingua galega.

Por mor da pandemia do Covid-19, as actividades festivas culturais co gallo do Día das Letras Galegas non van poder saír ás rúas nesta data do 17 de maio motivo polo que desde a Concellaría de Cultura  anímase a toda a cidadanía a participar nas seguintes iniciativas para celebrar un Día das Letras Galegas virtual:

O concurso “Tesouros da Lingua” no que poderás enviar un debuxo coa túa palabra avorita en galego acompañado do cancelo #tesourosdalingua

A iniciativa “Carvalho na túa voz”, grava un vídeo coa lectura dun texto da obra ou con algunha frase sobre a súa figura.

Podes consultar as bases na páxina web do Concello ou premendo directamente nesta ligazón https://ponteareas.gal/servizos/cultura/bases-cultura/

Ademais, a programación deste Mes das Letras da Concellería de Cultura e Lingua inclúe a gravación dun vídeo cunha breve biografía de Carvalho Calero realizado por xente de Ponteareas.

Así mesmo, a concellería programa actividades para o tempo de lecer da infancia, como un contacontos en lingua de signos e outros contacontos, actividades musicais a cargo de grupos do noso concello, actividades relacionadas cos tradicionais maios e o anuncio dos gañadores de #OlibrodaTúaVida.