Participa e… Remata o conto!!!

No marco da IV Feira do Libro a concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, en colaboración con BANASTRA organiza “Remata o conto”. Unha iniciativa na que poden participar todas as persoas que o desexen cun só texto, escrito en galego, de 800 caracteres como máximo.

Para participar as/os participantes deben enviar as súas propostas a departamentocultura@ponteareas.es.

O prazo para rematar os relatos remata ás 22 horas do domingo 12 de xullo.

No correo deben figurar tamén os datos persoais para localizar as/os autores.

A organización establecerá un xurado para a elección dos tres textos gañadores que recibiran os seguintes premios.

  1. 1º premio vale de 100 € para gastar nos comercio do Centro Comercial Aberto Banastra máis un lote de libros.

  2. 2º premio vale de 75 € para gastar nos comercio do Centro Comercial Aberto Banastra máis un lote de libros.

  3. 3º premio vale de 50 € para gastar nos comercio do Centro Comercial Aberto Banastra máis un lote de libros.

Consulta as bases aquí Remata_o_conto_2020 bases