Parabéns para o alumnado do último ano do grao profesional

A concellería de Ensino, que dirixe Cristina Fernández, felicita ao alumnado do último curso de grao profesional do conservatorio municipal de música que tras máis de dez anos de estudos rematan a súa andaina no centro. O equipo directivo liderado por Francisco Abal, no nome de todo o profesorado, despedíuse deles cunha entrega de diplomas no acto de graduación celebrado no auditorio do conservatorio municipal.

Raúl Cima Ramírez, especialidade trompeta; Rosa Ana Cayetano Barrera, pedagoxía e piano; Moisés Álvarez Rivas, pedagoxía; Brais González Rellán, pedagoxía e Joaquín Vázquez Alonso, especialidade saxofón acaban de aprobar os exámenes de acceso para continuar os seus estudos nun conservatorio superior.

Lara Vila Serodio, Roberto Tato Lage e Sara Vila tamén puxeron fin a súa traxectoria no conservatorio municipal ao superar o sexto curso do grao profesional.

A dirección do centro destaca que todos e todas as alumnas do último ano superaron as probas obtendo boas calificacións.

Para o vindeiro curso serán máis de douscentos alumnos e alumnas os que se formarán como músicos no noso conservatorio municipal de música abrindo as súas portas a todos e todas as que queiran formarse a partir dos seis anos.