Parabéns ao ponteareán Tomás Bautista, campión galego de marcha na categoría sub-14

 

O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, quere trasladar os parabéns do Goberno municipal ao ponteareán Tomás Bautista Bugarín, que vén de proclamarse campión galego de marcha na categoría sub-14 na competición celebrada a pasada fin de semana na Pobra do Caramiñal.

 

Un gran logro para o atleta, que tamén conseguiu a súa mellor marca persoal a pesar de ser a primeira proba que disputa nesta categoría. Con esta vitoria revalida un ano máis o título de campión galego de marcha en ruta e confirma a súa boa progresión tras o título conseguido hai apenas un mes en pista.