Para estes días festivos temos un reto!!!

Co obxectivo de superar todas e todos xuntos estes días de quedar na casa e de que o tempo no fogar sexa o máis proveitoso posible, seguimos engadindo suxestións á nosa lista de recursos lúdicos e didácticos que atoparedes na nosa páxina web no botón “Recursos lúdicos e educativos”. Para esta fin de semana recuperamos a serie de debuxos, Xabarín, e un xogo para practicar en familia.

Preme nesta ligazón http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2020/04/Recursos-educativos.pdf e atoparás máis xogos, vídeos, música, artesanías, lectura, experimentos, receitas e moitas máis ideas para xogar só ou en familia.

Na nosa listaxe poderás tamén atopar propostas para alumnado de infantil e de primaria deseñadas polo equipo escola infantil municipal e pola mestra de primaria Susana Lamela.

Para estes días deixámosvos unha entretida misión deportiva, un xogo para toda a familia no que superar fases e tirar de toda a creatividade https://view.genial.ly/5e83966d260c290e3979d055

Ademais, propómosvos recuperar un clásico, o Xabarín https://www.youtube.com/channel/UCQ-j93-9R-QPpx9IPk2W3iw/featured