Os xogos populares toman as rúas na terceira edición de “Brincamos!!”

A Concellería de Ensino, que dirixe Cristina Fernández, presenta a terceira edición de “Brincamos!!”, unha actividade que rende homenaxe aos xogos populares e tradicionais e que brinda a oportunidade de participar a toda a familia.

A praza de Bugallal será este venres día 4 escenario e testemuña da transmisión de regras de xogos de maiores a cativos. Brincamos!! ofrece a oportunidade de que sexan os adultos os que ensinen ás nenas e nenos xogos de hai décadas como o do aro.

En colaboración cos centros educativos e alumnado que participa guiando o xogo dos máis pequenos a Concellería de Ensino do Concello de Ponteaeras quere por en valor e recuperar para os cativos da vila xogos como a chave, o aro, a comba, os trompos, os trespés, a búsqueda do tesouro, as carreiras de sacos, a mariquitilla…

“Son xogos para tódalas idades nos que tamén poden participar os nosos maiores ensinándolles ou explicándolles as regras de xogo. Os xogos tradicionais e populares normalmente son dinámicos e de habilidade que obrigan aos nenos a estar activos e traballar a coordinación, e por unhas horas facemos que esquezan as súas preferencias pola tecnoloxía”, explica Cristina Fernández.

Algúns destes xogos que estaban esquecidos para a moitos volven agora á actualidade.

“É importante que non se perda o uso dos xogos populares e tradicionais, amáis de recuperar a rúa para o xogo das nenas, nenos e xuventude, obxectivo que tamén contempla a estratexia “Ponteareas, hábitat saudable”.