Os veciños de Guláns organizan a 3ª exaltación do Pemento de Guláns

A Asociación de Amigos do Pemento de Guláns, coa colaboración da Asociación cultural de Guláns e o Concello de Ponteareas, organiza este domingo, día 10, nas instalacións do Centro Cultural da súa parroquia a festa do pemento de Guláns. A partir das 11.00 horas estará a disposicón de todo aquel que queira achegarse unha ración deste exquisito produto, este ano, irá a acompañado de churrasco e empanada. De postre, a xa coñecida,  tosta de marmelada de pemento con tetilla. A música correrá a cargo do grupo RONCO & FOL e ao mal tempo faránlle fronte porque se chove estará instalada unha carpa para que non haia excusa e poder gozar dun día importante para esta parroquia.

Hai que recordar que os veciños de Guláns foron quenes surtiron, ala polos anos 50, 60, 70 de produtos da horta a toda Comarca, e incluso mais chegando ata o outro lado da ría de Vigo. Tanto é asi que o Guláns daqueles tempos era coñecida como a horta de Vigo.

Sen deixar no esquecemento o cultivo tradicional deste produto, contando cos medios actuais, o pemento, que esta recoñecido polo Ministerio de Industria e Agricultura como variedade tradicional, podería ser a bandeira dalgún proxecto que poña en valor os recursos desta parroquia  e que, con medios tanto humanos con técnicos actualizados, puidese ser un proxecto de futuro para os seus veciños. Mentras esperamos a que isto sexa posible, os seus veciños convidanos a visitalos, este domingo, e compartir con eles un bo prato de PEMENTO DE GULÁNS