Os veciños de Fozara e Paredes votarán na Casa Cultural de Fozara

Ponteareas contará cun total de 34 mesas electorais e 17.122 veciños e veciñas poderán exercer o seu dereito a voto

election-297037_1280O Concello de Ponteareas disporá de 34 mesas electorais repartidas ao longo de todo o municipio e nas que un total de 17.122 veciños e veciñas terán dereito a exercer o seu dereito a voto.

Existen dúas novidades con respecto ao anterior proceso electoral celebrado no pasado mes de maio con motivo dos comicios municipais. A primeira delas é que a veciñanza das parroquias de Fozara e Paredes votará na Casa Cultural de Fozara, situada en Lomba s/n, Fozara, Ponteareas, e non no Tele Club desta parroquia como o viñan facendo até agora.

Ademais, a parroquia de Prado contará con mesa electoral propia, tal e como se anunciou dende o Concello o pasado mes de novembro. Trátase dunha demanda histórica dos veciños desta parroquia, que levan moitos anos contando cunha poboación que roza a cifra necesaria para contar cunha mesa electoral.

Isto será posible grazas a xestión do goberno municipal, que viu concedida unha petición realizada á Delegación Provincial de Estatística na que se argumentaba a conveniencia de crear unha nova mesa dentro do Concello de Ponteareas que reunira aos veciños e veciñas de Prado e á veciñanza do barrio de Pontacóns, na parroquia de Pías, acadando así a cifra marcada pola lei para constituír unha nova mesa.

Deste xeito, o goberno local consegue facilitar o voto dos habitantes de ámbalas dúas zonas, pois os veciños de Pontacóns, barrio que pertence a parroquia de Pías, están moito máis preto do lugar de votacións de Prado que do de Pías.