Os rios galegos non escapan da ollada da Semana das Ciencias

A terceira edición da Semana das Ciencias continúa difundindo coñecementos coa seguinte conferencia na sala multiusos do auditorio a cargo de Miguel Ángel Álvarez, ambientólogo e investigador da área de xeografía física da Universidade de Vigo no Campus de Ourense que falará do antropoceno e introducirá unha primeira ollada dende os rios galegos. 

O profesor de física Miguel Ángel García Pérez, que é exalumno do IES Pedra de Auga e premio nacional de meteoroloxía, impartíu onte no convento de Canedo un seminario para profesorado sobre a recollida de datos meteorolóxicos. 

Como cada día, foron moitos os alumnos e alumnas que visitaron o museo das ciencias que abre en horario de mañá e tarde e tamén a exposición fotográfica “Ponteareas e o Medio Ambiente” aberta nese mesmo horario no corredor do auditorio municipal ao público en xeral.

Mañá xoves tamén terá lugar o congreso do alumnado de 09:00 horas a 14:00 horas no salón de actos do IES Val do Tea no que o alumnado presentará os seus relatorios individuais e colectivos sobre diferentes propostas científicas e análises e reflexións sobre cuestións diarias como as supostas ás que nos dan as bebidas enerxéticas, ou o paso do tempo e peculiaridades científicas sobre a fauna.