Os prebenxamíns da SD Ponteareas participan mañá día das Letras Galegas no Torneo do Real Club Deportivo da Coruña

O Mañá xoves 17 de maio, coincidindo co día das Letras Galegas, os prebenxamíns da SD Ponteareas participarán no Torneo Real Club Deportivo da Coruña que se disputará na cidade ártabra, e que ven desenvolvéndose dende o ano 2004. Os cativos ponteareáns deberán enfrontarse aos mellores equipos de todo Galicia nun torneo no que o ano pasado, na súa décimocuarta edición, participaron 204 equipos de toda Galicia (94 en categoría prebenxamín e 112 en categoría benxamín).  A final deste torneo será retransmitida pola TVG.

Do mesmo xeito, os equipos prebenxamíns deste clube ponteareán tamén participarán o 19 de maio no campo de Cotorrón, en Tameiga, onde se celebrará o Campionato Galego desta categoría.