Os nenos e nenas gozaron do espectáculo “Contos ao revés”

contos ao revés1Contos ao revés2Este xoves os nenos e nenas de Ponteareas gozaron dunha actividade lúdica de animación á lectura, a través do espectáculo “ Contos ao revés”, a cargo de Xanela Ocio, dentro do programa do “Mes de Maio, Mes das Letras” e dentro do programa “Ler Conta Moito”,da Xunta
de Galicia.

Esta actividade está organizada polo Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Biblioteca Pública Municipal, onde se levou a cabo a actividade.