Os nenos e nenas da ludoteca visitaron e gozaron das instalacións dos buques oceanográficos o pasado 2 de maio no porto comercial de Vigo

Esta actividade estivo programada polo Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, co gallo da celebración de aniversario dos barcos Vizconde de Eza e Emma Bardán.

Os rapaces e rapazas maiores de 12 anos da ludoteca municipal de Ponteareas coñeceron as instalacións, funcionamento e actividades que desenvolven ambos buques adicados ao estudo dos mares. Coa realización destas xornadas quixeron dar a coñecer parte da labor que se realiza en beneficio do conxunto do sector pesqueiro e da sociedade, en xeral.

20160502_164344

Estes buques están deseñados para o desenvolvemento de Campañas de Investigación Científica coa finalidade de coñecer millor os nosos mares, o estado dos recursos e así realizar unha xestión eficaz dos mesmos. Os seus traballos baséanse na obtención de datos biolóxicos, no investigación dos ecosistemas mariños e nunha millor caracterización do releve e composición dos fondos mariños así coma súa actividade sísmica, a partir do estudo da batimetría e das características xeolósicas e xeofísicas dos mesmos.

 

Os capitáns dos respectivos barcos e a mariñeiría esforzáronse por facer accesible a eles a información técnica e amosáronse en todo momento atentos e servizais. Ensináronlle non só aspectos científicos e laboratorios senón que tamén amosaron os camarotes, os sanitarios, enfermería, comedor, así como as salas de mando ou de máquinas.20160502_170403

 

Ademáis, agasallaron aos nenos cunha bolsiña que contiña un interesante libro sobre o pescado e un pendrive. Os cativos e cativas da ludoteca municipal de Ponteareas gozaron moito desta saída, na que ademáis gozaron dun día soleado.