Os nenos e nas da Ludoteca coñeceron a importancia da castaña

Unha saída organizada polas monitoras deste centro permitiu que os cativos descubrirán un pouco máis acerca deste alimento nesta época do ano

 

Aínda existen prazas dispoñibles para inscribirse no novo curso

 

20151022_191119A Ludoteca Municipal de Ponteareas, dependente da concellería de Benestar Social que dirixe Verónica Carrera, continúa coa organización de actividades que fomenten a sociabilidade e a integración entre os máis cativos, ao mesmo tempo que estes adquiren coñecementos sobre cuestións presentes no seu entorno máis próximo.

A última destas actividades produciuse en forma de saída polo barrio de Canedo, onde os nenos e nenas inscritos na Ludoteca tiveron a oportunidade de coñecer máis polo miúdo diferentes árbores froiteiras, como por exemplo os castaños. As monitoras aproveitaron para lles explicar a importancia que tiña en séculos pasados esta árbore para o sector carpinteiro e a utilización que os devanceiros facían da castaña como alimento para fabricar fariña e como acompañante de moitos pratos, cumprindo a función que actualmente ten a pataca.

Os rapaces e as rapazas participantes recolleron, en equipo, algunhas destas castañas e adquiriron máis coñecemento en relación a outras especies como as nogueiras, cuxa madeira era moi usada para aplicar tinguiduras en diferentes tecidos. A Ludoteca Municipal de Ponteareas aínda conta con prazas dispoñibles, polo que todas aquelas persoas que queiran consultar máis información poden facelo a través dos seguintes números de teléfono: 986 66 17 53 e 673 794 760.