Os nenos e as nenas de entre 5 e 7 anos poderán ter gafas gratuítas até o 31 de outubro

Os cativos poderán someter a unha revisión da vista, tamén gratuíta, e levar un par de gafas graduadas no caso de que as precisen

Trátase dunha campaña de saúde visual posta en marcha pola Fundación Alain Afflelou

Fracaso_Escolar_A5-11A Fundación Alain Afflelou ofrece unha revisión gratuíta a todos os nenos e nenas de entre 5 e 7 anos, que ademais pode ir acompañada dunhas gafas graduadas, tamén gratuítas, no caso de que o cativo ou a cativa as precise. Esta campaña está vixente até o 31 de outubro. É posible consultar máis información premendo aquí.