Os nenos do Campus- Tea visitaron o Parque de Bombeiros de Ponteareas

nenos do Campus Tea no Parque de Bombeiros-1Esta semana 50 nenos participantes no Campus-Tea visitaron o Parque de Bombeiros, onde ademais de coñecer as instalacións e os vehículos, puideron subirse aos camións, acompañados de bombeiros, e á zódiac. Ademais, sentíronse uns aprendices de bombeiros ao deixarlles probar os cascos e máscaras e accionar a sirena. Os cativos probaron tamén as cámaras térmicas algo que habitualmente non teñen posibilidade de ver e que chamou fondamente a atención dos nenos, deixándoos marabillados.

Os bombeiros de Ponteareas explicáronlles e amosáronlles as diferentes mangueiras e toda a equipaxe empregada durante os servizos. Outro dos elementos que máis lles chamou a atención foi o vehículo de intervención rápida, camíón preparado para a saída inmediata.nenos do Campus Tea no Parque de Bombeiros

A curiosidade dos nenos levounos a facer moitas preguntas, ávidos de información e cheos de curiosidade.