Os mozos e mozas terán este venres unha cita coa música, o breakdance e o parkour

A concellería de Mocidade, dirixida en funcións por Verónica Carrera, convida a todos os mozos e as mozas a participar na actividade de turntablism Dj+Breakdance+Parkour que terá lugar este venres día 31 de maio na Praza Maior.

Verónica Carrera informa que por mor das altas temperaturas a actividade será a partir das 19:30 horas e se prolongará ata as 21:30 horas.

Para participar neste evento, que se enmarca na programación de Mocidade Viva, tan só hai que achegarse ata a Praza Maior ás 19:30 horas e inscribirse.