Os Morosos, Zipizape e Arenas Martínez fanse cos primeiros postos na xincana medioambiental de orientación de Ponteareas

 
A concellería de Medio Ambiente quere compartir con todos e todas as participantes as clasificacións da xincana medioambiental de orientación que se celebrou na pasada fin de semana con máis de cen participantes que cumpriron escrupulosamente as normas de distanciamento e seguridade sanitaria.
 
Con esta actividade retomouse a axenda de eventos que se organizan dende a concellería que dirixe Rosa Covelo co obxectivo de dar a coñecer o noso patrimonio natural a través de propostas lúdicas dirixidas a tódolos públicos. 
 
Na xincana que descubríu algúns dos recunchos máis fermosos da Picaraña participou un grande número de familias.
 
Os Morosos, Zipizape e Arenas Martínez foron os grupos gañadores nas tres categorías establecidas pola organización. Os e as que desexen coñecer os resultados poden premer nesta ligazón para descargar o pdf Resultados_Picaraña_Ponteareas_2020 (1)