Os mellores produtos na Feira de Oportunidades de Ponteareas

A concellería de Comercio, Hostalería e Turismo, que dirixe Inés Vidal, convida a toda a cidadanía da área metropolitana a visitar esta fin de semana a Feira de Oportunidades que organiza Banastra.

Os comercios de Ponteareas trasladaránse á carpa ubicada na Praza Maior este sábado e domingo días 19 e 20 de xaneiro para ofrecer aos clientes descontos de ata o 60%.

En horario ininterrumpido e dende as dez da mañá ata as oito da tarde, o domingo abrirá ás 11:30 horas, o comercio local ofrecerá produtos e servizos con importantes descontos e premiando á clientela con sorteos de agasallos.

Inés Vidal anima a toda a veciñanza a aproveitar esta oportunidade na que se poden adquirir os mellores produtos a prezos inigualables.