Os máis pequenos dos fogares participaron na campaña “Quere o teu Mercado”

Os máis pequenos e pequenas dos fogares ponteareáns participaron no obradoiro de comida saudable organizado dentro da campaña “Quere o teu Mercado”. 

A concelleira de Comercio, Hostalería e Consumo, Inés Vidal, ofertou este obradoiro impartido de balde na praza de abastos, para promover non só o consumo dos produtos frescos da praza de abastos se non tamén costumes alimentarias sans.