Os escaparates de comercio e hostalería acollen a exposición “Ponteareas no Tempo” de fotos antigas

A mostra poderá contemplarse ata final de mes en máis de medio cento de locais da Praza Maior e das rúas, Oriente, Esperanza, Morales Hidalgo e primeiro tramo de Vidales Tomé

q55a5566Recuperar a memoria colectiva a través das imaxes antigas e mostralas nos espazos públicos é un dos obxectivos do goberno local para por en valor o patrimonio cultural e o legado dos nosos antepasados. As fotografías, as imaxes antigas, en xeral, describen como eran as persoas e o modo de vida de Ponteareas no pasado.

Con esta pretensión e cumprindo a proposta do Goberno aprobado no Pleno no pasado mes de setembro, Ponteareas abriu este sábado a primeira exposición de fotos antigas “Ponteareas no tempo”. Esta primeira mostra poderá contemplarse ata final de mes nos escaparates de máis de medio cento de comercios e locais de hostalería da Praza Maior e das rúas, Oriente, Esperanza, Morales Hidalgo e primeiro tramo de Vidales Tomé. No futuro, o Goberno local prevé ampliar as mostras de fotos históricas ao comercio e hostalería de todo o núcleo urbano e colaborar con todas as casas culturais das parroquias na recuperación da memoria

Ademais das fotos nos escaparates tamén se realizaron 8 paneis para a exposición no exterior, na carpa da praza Maior e no Auditorio Municipal dun total de 18 fotos de gran tamaño.

O Goberno local quere agradecer a colaboración de Foto Souto pola súa  contribución ao éxito desta iniciativa coa aportación de fotografías e a implicación na organización da mesma. Cada ano o concello prevé valorar e difundir o labor e obra dos fotógrafos profesionais locais polo. A outra parte das fotos procede dos fondos da Biblioteca municipal, departamento que participou activamente nesta primeira mostra. O goberno local tamén agradece a colaboración de comerciantes e hostaleiros para acoller as fotos nos seus escaparates.