O concello de Ponteareas acollerá a celebración do evento turístico-deportivo Terras Meigas o 6 e 7 de outubro para amosar aos participantes o potencial turístico, medioambiental e patrimonial da nosa terra.
Esta proba que acollerá a afeccionados das motos de toda Galicia ten un obxectivo final: rematar o percorrido desfrutando da condución en moto, da navegación con rutómetro ou libro de roteiro (roadbook) e dos valores da paisaxe.
As motos do Terras Meigas percorrerán 320 quilómetros en duas etapas, sábado de tarde e domingo de mañá.
A inscrición poderá realizarse ata o día 29 de setembro nas seguintes ligazóns www.facebook.com/terrasmeigasroadbook/
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdIf_Wze9vRw4Sh6tNxc-nQ1ifCDlWLB7ruF2TiQ1aAyD37CA/viewform
A organización ten prevista realizar distintas visitas e disporá de puntos para o avituallamento así como de sorpresas inesperadas que fagan da xornada un momento divertido.
Os participantes poderán inscribirse na proba mixta ou na proba 100% asfalto para dar cobertura a distinto tipo de motos. Condución responsable, respeto ao entorno, cumprimento das normativas de tráfico e compañeirismo son algunhas das premisas desta proba para a que se precisarán arredor de catro horas diarias.
Todos e todas as participantes terán un libro de ruta coas indicacións a seguir xunto coa información adicional de lugares recomendados para visitar. Tamén se lles entregará un pasaporte de ruta cos tickets para gozar dos servizos ofrecidos.
Para comprobar que se realizou a ruta estableceránse lugares nos que fotografiarse.
A saída realizarase de xeito escalonado en equipos de, como máximo, catro motos para non saturar as estradas e por a proba a orientación dos participantes que terán un horario de saída e uns tempos de paso obrigatorios; tempo suficiente para poder realizar a ruta respectando todas as normas de circulación.
O concello de Ponteareas colaborará con esta proba en materias de seguridade viaria, información turística e guías e detalles institucionais.
O goberno de Ponteareas agradece esta iniciativa que dará a coñecer o patrimonio natural e histórico ademais de promocionar a gastronomía local e os produtos típicos da cidade.
Máis información no número de teléfono (0034) 677406646 ou no enderezo electrónico terrasmeigasroadbook@gmail.com