Os cursos CELGA e de linguaxe administrativa galega da Escola Oficial de Idiomas abrirán o prazo de inscrición o 1 de setembro

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas informa que se realizarán na EOI e son gratuítos

 

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas informa que os cursos CELGA e de linguaxe administrativa galega da Escola Oficial de Idioma abrirán o prazo de inscrición do 1 ata o 10 de setembro para o primeiro cuadrimestre do curso (outubro – xaneiro). As solicitudes para o segundo (febreiro – maior) poderán presentarse desde o 4 ata o 14 de xaneiro de 2022. 

 

Todas as persoas que estean interesadas e precisen información sobre estes cursos poden dirixirse ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, onde recibirán información detallada sobre estas accións formativas. A formación é gratuíta e está convocada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

 

O concelleiro de Lingua, Fernando Groba, destaca que estes cursos “son unha gran oportunidade para mellorar no uso da nosa lingua e poder obter un título imprescindíbel para acceder a un proceso de oposición en Galicia”. Por todo isto, “animo a veciñanza a sumarse a esta formación”, concluíu.

As persoas interesadas xa poden realizar a preinscrición a través da seguinte ligazón.