Os centros educativos cítanse para a segunda edición da Feira de Ensinanzas Profesionais e Artísticas no 2019

A Concellería de Ensino do concello de Ponteareas ven de pechar a 1ª Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas con máis de setecentas visitas.
Ata esta primeira feira que se celebrou no pavillòn municipal Álvaro Pino achegáronse alumnos e alumnas das comarcas da Paradanta, Condado e Louriña.
Vinte stands amosaron ao alumnado e ao resto da comunidade educativa as posibilidades profesionas e saídas laborais nas que se poden formar, así como puideron visualizar os proxectos educativos realizados dentro dos centros.
Plasmar a utilidade dos coñecementos no desenvolvemento da vida diaria foi un dos obxectivos desta primeira feira na que expuxeron centros de secundaria, de formación profesional e ensinanzas especiais (concertados, privados e públicos) para informar á comunidade educativa de toda as posibilidades formativas.
Un dos requisitos para os centros expositores foi que o stand estivera ocupado en todo momento polo alumnado para que eles mesmos compartiran a súa experiencia cos visitantes facéndoos partícipes e protagonistas desta feira novidosa na comarca.
Bacherelato de Artes
A concellería de Ensino, que dirixe a nacionalista Cristina Fernández, ten entre as súas prioridades ampliar a oferta educativa con novas ensinanzas. Ao ser a cidade referencia nas dúas comarcas e tendo en conta as dificultades de desprazamento que ten o conxunto da poboación, a concelleira considera indispensable que o alumnado teña unha oferta maior dentro do seu entorno.
A principios deste ano os directores dos institutos remitiron á Consellería de Ensino un escrito solicitando a implantación do bacherelato de Artes no concello de Ponteareas. A Concellería de Ensino amosou o seu apoio a esta petición redactando o seu propio escrito a través do Consello Escolar Municipal do que é presidenta.
“Tras a petición unánime dos directores. O Consello Escolar Municipal decidíu brinda ro seu apoio trasladando a necesidade de implantar o bacherelato de Artes nunha cidade de tradición musical e artística secular”, engade Cristina Fernández.
Aproveitando a visita da inspectora de ensino de zona á feira, a comunidade educativa trasladoulle esta iniciativa que a inspectora acolleu con satisfacción sendo coñecedora desta problemática na zona que ela coordina.
Nesta primeira feira os centros intercambiáronse experiencias e proxectos e citáronse para vindeiras edicións.