Os Caminhantes do Condado reparten máis de 60 premios na I Subida á Picaraña

Máis de 80 participantes dos 14 a máis de 60 anos de ambos xéneros, participaron na primeira carreira na especialidade de trail.

A Súbida á Picaraña na súa primeira edición tivo lugar o pasado 1 de maio e decorreu durante catro quilómetros cunha pendente de 350 metros. Os participantes puideron amais de practicar o seu deporte favorito, gozar da natureza por camiños de montaña da vila do Tea por un prezo popular de 5€.

01.Saida

Todos os participantes levaron unha bolsa con agasallos relacionados coa disciplina. Amais, os tres primeiros na clasificación xeral obtiveron 100 € de premio e unha bolsa especial.

O Club de Montaña Caminhantes do Condado, organizadora do evento, establece como recoñecemento ao esforzo dos campións da experiencia os tempos acadados o pasado 1 de maio como a marca á superar para lograr os premios en metálico na vindeira edición. Deste modo, os próximos corredores terán que superar o récord do gañador da categoría senior Óscar Bernárdez da equipa Athletics Fisioterapia San Lázaro con 18”40’ ou da gañador na categoría veterana A Águeda Blanco con 24”01’, entre outros.

A I Subida a Picaraña tivo unha especial atención nos máis novos e novas coa idea de fomentar e fornecer a vida saudábel e o deporte, coas categorías cadete, xuvenil e junior e promesa.

Desde a Concellería de Deportes, o edil Benito Márquez congratúlase do éxito alcanzado. “Desde a área de Deporte seguiremos apoiando esta iniciativa para garantir a súa continuidade en próximas edicións”, declarou.