Os Bombeiros de Ponteareas extinguen un incendio na rúa dos Ferreiros

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A Concellería de Seguridade do Concello de Ponteares adianta que dende ás 11:57 horas da mañá de hoxe está extinguido o incendio que arrasou un inmoble abandonado na rúa dos Ferreiros.

Os bombeiros de Ponteareas traballaron na extinción do incendio dende que as 02:45 horas recibiron o aviso da Policía Local, tendo que mobilizar a persoal do servizo de bombeiros que estaba de día de descanso.

Efectivos do 061 estiveron na zona por se nas labores de extinción alguén se mancaba.

Ademais, os bombeiros de Ponteareas apagaron un pequeno lume producido nun contedor de lixo da rúa Castiñeira.

“Agradezo públicamente o compromiso e responsabilidade dos efetivos que estando de días libres prestaron axuda aos seus compañeiros e felicito tamén as actuacións realizadas por estes profesionais”, engade a Concelleira de Seguridade.