Orgullosos das nosas deportistas!!!

O goberno do BNG-PSOE felicita á ciclista ponteareá Isabel Castro Cal polo seu bronce no mundial de ciclocross celebrado en Bélxica. A ponteareá acadou o terceiro posto na categoria Máster 50 e sube ao podio na localidade belga de Mol. A ciclista do Condado Bike fixa agora o seu obxectivo na Copa de España da que xa é líder.

“Parabéns Isabel!!! Estamos moi orgullosos!!!”