
Parabéns polas vosas 11 medallas de OURO!!!
A concelleira de Deportes, Nahir Covelo, no nome de todo o goberno de Ponteareas amosa a súa ledicia ao ter novamente a ocasión de volver felicitar ás e aos nadadores do Club Natación Ponteareas polos estupendos resultados obtidos no Campionato Galego Alevín celebrado a pasada fin de semana en Ourense.
O equipo mixto formado por Uxía González, Eva Resille, Iria Lemos, Inés Borge, Sofía Carballo, Gabriel Acevedo e Darío Pérez conseguíu once medallas de ouro, catro de prata e catro de bronce.
Ademais, o equipo feminino proclamouse campión galego ganando todos os relevos, un total de tres, e conseguindo oito marcas mínimas estatais.
Os mozos, pola súa parte, quedaron en 16ª posición.
A nivel conxunto o Club Natación Ponteareas rematou en sexta posición e o C.N. Ferrol foi o club campión na clasificación conxunta.
“Afortunadamente unha vez máis volvemos trasladar os nosos parabéns aos nadadores e nadadoras do Club Natación Ponteareas e a súa directiva, así como as familias e ao seu adestrador, polo esforzos realizados que dan como froito estes excelentes resultados”.