A OMIX desenvolverá no mes de xullo un curso de busca de emprego

omix

A Oficina Municipal de Información Xuvenil, dependente da Concellería de Xuventude que dirixe Andrés Sampedro Fernández, e dentro das actividades que periódicamente organiza para os mozos e mozas de Ponteareas, vén de organizar un curso de busca de emprego, que empezara o vindeiro 21 de xullo.

 

O obradoiro de busca de emprego terá lugar na Sala de Usos Múltiples da Biblioteca Municipal da rúa A Perillana 9/11 os días 21 e 23 de xullo, en horario de 10.30 h. a 13.30 h.

 

  • O obxectivo desta actividade e:Adquirir coñecementos útiles e prácticos que axuden ás mulleres na búsqueda de emprego.
  • Favorecer o autocoñecemento e a análise das propias capacidades, habilidades e limitacións.
  • Dominar determinadas técnicas de búsqueda de emprego, como cartas de presentación , o currículo, a entrevista persoal,…

 

Este curso de busca de emprego é totalmente gratuíto como habitualmente acontece coas iniciativas que se desenvolven dende a OMIX  de Ponteareas, e os interesados e interesadas poden formalizar a súa inscrición ou mesmo solicitar máis información sobre esta actividade no teléfono 672 105 468