A OMIX de Ponteareas anuncia a apertura do prazo de inscrición para os campamentos de verán 2014 da Xunta de Galicia

campamentosA Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Ponteareas dependente da Concellería de Xuventude ven de anunciar  ata o vindeiro 10 de abril, esta aberto o prazo para inscribirse nos Campamentos de Verán 2014 que organiza a Xunta de Galicia

Os campamentos de Verán contan todos os anos, coa participación de un grande número de rapaces e rapazas de Ponteareas que, deste xeito, teñen a oportunidade de coñecer outros lugares e facer novas amizades.

Cada un dos campamentos ofertados, ten un nome xenérico que fala das actividades que se desenvolven nel, como e o caso de: A nosa primeira aventura, En bicicleta pola natureza, Actividades no mar, Campamento de teatro, entre outros moitos. En todo caso, cada campamento supón, para os participantes, unha oportunidade para gozar dunha auténtica aventura. Os prezos varían en función do campamento elexido, oscilando entre os maís baratos os seguintes:  A miña primeira aventura, con un prezo de 101 €. e Aventura nas Mariñas con uns custe de 113 €. Os campamentos máis caros alcanzan un custe de  232 € entre os que destacan: Actividades no mar: vela e tába. O mesmo que cos prezos, sucede coas idades, xa que dependendo das actividades a desenvolver, se esixe unha idade mínima.

Cómpre salientar cos membros de familia que teñan o título de numerosa terán un desconto do 50%. Asi mesmo os usuarios do Carné Xove gozarán dun desconto do 25%.

As diferentes actividades que integran esta oferta xeral levaranse a cabo tanto en Galicia como nas comunidades autónomas de España (Álava, Estremadura, Castilla y León e A Rioxa.) en diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración os meses de xullo e agosto.

Esta Campaña de Verán 2014 vai dirixida a nenos e mozos de idades comprendidas entre os 9 e s 17 anos.

Para solicitar máis información os interesados poden dirixirse a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Ponteareas situada na Biblioteca Municipal da rúa A Perillana ou chamar ao teléfono 672 10 54 68