A OMIC de Ponteareas en cifras

OMICAs oficinas municipais de información ao consumidor naceron como un servizo público dependentes dos concellos, co obxectivo de prestar aos consumidores e usuarios, asesoramento, información, orientación e educación en materia de consumo.

No caso da OMIC de Ponteareas, dependente da concellería de comercio e industria, que dirixe Marisol Valado, cumpriu dabondo o seu obxectivo, a tenor dos datos que manexa, dos derradeiros anos.

Valado, destaca a dinamización que experimentou a actividade da OMIC Ponteareán, que dende o ano 2011 ata hoxe, supuxo mais de 9000 consultas de cidadáns atendidas e mais de 900 reclamacións tramitadas.

As actividades deste servizo, van mais aló, de recoller e rexistrar as queixas e reclamacións dos consumidores e usuarios e a súa remisión as entidades ou organismos correspondentes,  porque nestes 4 anos, fixéronse: tarefas de educación, como as charlas nos colexios e institutos sobre o consumo responsable; campañas divulgativas, coa edición e distribución de folletos informativos nas campañas de Antroido ou Nadal; campañas informativas, coa celebración de charlas de gran afluencia de público, etc….

Fiel a data do 15 de marzo, día mundial dos dereitos do consumidor e usuario, a OMIC de Ponteareas, estivo e estará co seu stand, a pé de rúa, disposta a informar aos veciños.

Compre facer especial mención que a partir de 2012 e durante ano e medio, facilitóuselle aos veciños, toda a información sobre as participacións preferentes e obrigacións subordinadas, sendo o primeiro concello de Galicia que a través da súa OMIC, elaborou un folleto informativo sobre esta temática. Prestouse atención por esta materia  a mais de 1500 persoas afectadas.

As eléctricas, son outra área de forte actividade para OMIC. Con esta temática, desenvolvéronse charlas, perante todos e cada un destes anos. Tarifas, bono social, termo de potencia, foron os temas tratados, chegando logo, a facer atención personalizada, a cada usuario que demandou ampliación de información.

A defensa dos consumidores, púxose especialmente de manifesto, pola cláusula de cobro abusiva da compañía Cide Hcenergía, que despois de actuar a OMIC, orixinou un expediente sancionador a mesma, do Instituto Galego de Consumo.

Outras das actuacións da OMIC, foron dirixidas a información e tramitación das reclamacións sobre as cláusulas chán das hipotecas, ofrecendo charlas informativas aos veciños en colaboración coa Asociación Ausbanc.

En canto a colectivos, os emigrantes retornados, recibiron especial atención en canto a problemática xurdida  co Ministerio de Facenda, polos convenios de dobre imposición.

O alcalde Solla, manifesta estar moi satisfeito coa labor feita pola OMIC, e os datos de servizos prestados. “O concello, consciente de que o consumo é un dos feitos mais habituais na nosa vida, considera moi importante que os cidadáns coñezan os seus dereitos e deberes”, matiza Solla

Pola súa banda a concelleira Valado, lémbralle a todos os consumidores e usuarios que “esta oficina está o seu servizo e nela teñen a súa disposición, de xeito gratuíto, a posibilidade de realizar consultas, presentar follas de reclamacións e/ou solicitar documentación en materia de consumo”.