A oitava edición do Torneo de Tenis Concello Ponteareas terá lugar nas pista da Freixa do 2 ao 11 de setembro

Arredor de 100 tenistas afeccionados participarán nas categorias junior, senior, tanto masculino como feminino, e dobres, organizado polo Club Tenis Ponteareas e a Concellería de Deportes, xestionada por Benito Márquez

“A inscrición a este torneo foi aberta a todo o público. É popular, isto é, non é necesario estar federado, con ter unha raqueta e ganas de pasalo ben é suficiente”, explica Juan Carlos Fdez. Márquez, vocal do Club Tenis Ponteareas.

image4

“Desde a Concellería seguiremos apoiando torneos de este tipo, que tentan promover o deporte para todos os públicos e implican ao maior número de xente posible. Esperemos que todos os participantes teñan unha competición entretida, e convido aos veciños e veciñas de Ponteareas a se achegar a ver os partidos”, indica o concelleiro de Deportes, Benito Márquez.