Ofrenda floral In memoriam aos e ás alfombristas

Un ano máis o concello de Ponteareas quixo lembrar aos e as alfombristas que xa non están con nós cunha ofrenda floral no monumento ao e á alfombrista ubicado na entrada de Ponteareas na N-120 na rotonda rotonda de Mondariz.

Os e as músicos da banda Tremiñado interpretaron “O reino de Galicia” para acompañar a esta entrega floral que simboliza a lembranza daqueles e daquelas que xa non están e que adicaron parte da súa vida a prolongar a tradición das alfombras florais do Corpus de Ponteareas.