A Oficina de Turismo organiza unha visita guiada ao convento de Canedo e a Adega Rubén

Dende a oficina municipal de Turismo da Biblioteca Municipal de Ponteareas, dependente da Concellería de Cultura e lecer, Normalización Lingüística e Turismo xestionada por Hortensia Bautista, dentro da programación de verán organiza unha visita guiada ao convento franciscano de Canedo e a adega Rubén que terá lugar o mércores día 19 de xullo. A visita dirixida a todo o público en xeral, comezará as 20,00 h. diante da Biblioteca Pública Municipal.
Con estas visitas trátase de mostrar e por en valor o patrimonio histórico do noso Concello.
Chegarán ao Convento de Canedo a través do sendeiro do Regato da Venda. O convento sitúase nun antigo pazo doado pola familia Sarmiento de Soutomaior aos franciscanos. Neste edificio naceu Agustina Sarmiento, inmortalizada por Velázquez. Ademais descubrirán outros elementos como a talla barroca do Cristo.
Despois achegaranse ata a Adega Rubén donde nos contarán o proceso de elaboración dos seus viños.
De volta observarán no barrio das Cachadas o conxunto escultórico obra do mestre Cerviño.
Para mais información chamar á oficina de turismo (673 79 47 62 ou 672 10 54 68) ou enviar un e-mail a turismo@ponteareas.es