Obradoiro de teatro no centro cultural de Angoares, apúntaste?

A concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, organiza un obradoiro de teatro que se ofertará á cidadanía totalmente de balde co obxectivo de achegar as actividades de tempo de lecer e cultura a tódalas persoas e dinamizar e apoiar a vida nas parroquias.

A data de inicio deste obradoiro de teatro será o 17 de febreiro no centro cultural de Angoares en horario de 17 a 20 horas todos os luns ata o mes de xuño.

As persoas interesadas xa poden anotarse no rexistro xeral do Concello. De precisar máis información deberán porse en contacto co departamento de cultura a través do do número de teléfono 986 661 674 ou no enderezo electrónico departamentocultura@ponteareas.es