Obradoiro de Paquetes de Nadal para comerciantes

A concellería de Promoción Económica convida a todos e todas as comerciantes e hostaleiras a participar no obradoiro, organizado por BANASTRA en colaboración co concello de Ponteareas, “Paquetes de Nadal”.

Este curso que se impartirá totalmente gratis durante tres días (18,19 e 20 de novembro) salientará a importancia dun bo envase e ensinará a personalizar os establecementos, a traballar con diferentes materiais e mesmo con recursos naturais para crear embalaxes e decoracións orixinais e máis sostibles.

Os e as participantes collerán práctica na embalaxe de produtos de forma irregular e crearán sobres e bolsas.

Este obradoiro será na biblioteca municipal de 20:30 a 22:30 horas e as interesadas e interesados deben inscribirse a través de WhatsApp no número 682 82 46 05.