A concellería de Promoción Económica e BANASTRA organizan un obradoiro de nadal específico para praceiros e praceiras que terá lugar na propia praza de abastos os días 19 e 20 de novembro de 16:30 a 19:30 horas.
Impartido por Patricia Maquieira, este obradoiro de seis horas ofértase totalmente de balde. Agradar á clientela cunha decoración axeitada á epoca, ambientar os postos e ofrecer un ambiente festivo son algúns dos obxectivos deste obradoiro no que os praceiros e praceiras traballarán de xeito cooperativo interactuando entre eles e facendo grupos para acadar un obxectivo final: a decoración de nadal feita con máis ilusión e implicación.