Obradoiro de interpretación ópera e zarzuela no VII Festival Groba

Ata o xoves 22 de agosto e no marco da sétima edición do Festival Groba Laura del Río imparte o obradoiro de interpretación de ópera e zarzuela destinado a xóvenes cantantes onde se lles introducirá no mundo da interpretación, transmitíndolles as claves para crecer e desenvolverse como intérpretes. Proporcionaránselles os coñecementos vocais, interpretativos, estilísticos e escénicos básicos para que poidan perfeccionar a súas habilidades, estimulando así o seu desenvolvemento individual e colectivo. Consistirá nunha sesión conxunta de 1 hora para traballar o corpo e quentar a voz, e seguidamente unha sesión de 45 min. individual. Repertorio a traballar:

• Arias de ópera • Romanzas de zarzuela (aberto a alumnos que queiran traballar algún dúo