Obradoiro de cociña na praza de abastos

A concellería de Promoción Económica, que dirixe Eva Gil, colabora con BANASTRA na promoción da praza de abastos como punto de referencia de produtos frescos e de calidade.

A praza de abastos, que conta con aparcamento para a clientela, ofrece proximidade e o asesoramento dos profesionais que están ao frente dos postos, ofrecendo prezos competitivos e unha ampla variedade de produtos.

Para achegar a praza de abastos ás familias, todos os sábados do mes de agosto os pequenos a partir de seis anos poden participar no obradoiro de cociña de 11 a 13 horas.

Totalmente de balde, as familias interesadas deberán inscribirse mediante whatsapp no número de teléfono 644896840.

Haberá un máximo de vinte prazas. Anotádevos xa!!!