A obra A herdanza maldita volve ao Auditorio Reveriano Soutullo nunha representación solidaria co pobo do Sahara Occidental

A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui organiza este evento de apoio á causa do pobo saharaui a través dun donativo de 3 euros

Solidariedade Galega co Pobo Saharaui organiza mañá 7 de maio ás 21.00 horas no Auditorio Municiapal Reveriano Soutullo a representación da obra A herdanza maldita do grupo de teatro afeccionado Anomalía  cunha entrada a modo de donativo de 3 euros en apoio á súa causa. Na obra participan os actores e actrices Alicia Faro, Casilda González, Fran Eiró, María Otero, Tensia Bautista e Xurxo Troncoso.

Tras máis de 40 anos desde os Acordos de Madrid en 1975, nos que España deixaba en mans de Marrocos e Mauritania a sorte do Sahara Occidental, o seu pobo aínda non puido rematar o proceso de descolonización, recoñecido pola ONU, e declarar a independencia de pleno dereito no ámbito internacional.

A súa situación é hoxe máis precaria e difícil que nunca, por ser un problema enquistado, vítima da burocracia e a intransixencia por parte dos seus novos colonizadores. Os campos da provincia de Tindouf (na fronteira de Alxeria), a súa capital no exilio, son un exemplo da situación extrema que lles ocupa, unha enorme cidade de refuxiados en tendas en medio e medio do deserto do Sahara, como vemos hoxe nas imaxes procedentes da guerra civil siria nas fronteiras de Grecia, Turquía ou Xordania.

Porén, as novas xeracións de saharauis, que seguen sendo acollidos todos os veráns por familias galegas, fillos e netos dos primeiros refuxiados, apartados das súa terra por mor da marcha verde marroquí e inacción da política española, piden novas respostas e solucións ao conflito.anomalia herdanza cartel bo 010516