O xoves 31 de marzo, nova actividade do programa Apego en Ponteareas

 

O xoves 31 de marzo, nova actividade do programa Apego en PonteareasNenas e nenos de 6 meses a 5 anos poderán gozar de ‘Que animaliño é?’ de Trémola Teatro ás 18.00 horas na sala multiúsos do Auditorio Municipal

 

Ponteareas acolle este mes unha nova actividade do programa Apego, unha iniciativa colectiva “dirixida a fomentar e a facilitar a transmisión do galego como lingua inicial e a socialización dos nenos e nenas de entre 0 e 6 anos no noso idioma”, como explica o concelleiro de Lingua, Fernando Groba.

 

A actividade terá lugar o vindeiro xoves 31 de marzo a partir das 18.00 horas na sala multiúsos do Auditorio Municipal, onde Trémola Teatro representará o seu espectáculo ‘Que animaliño é?’. As máis pequerrechas e pequerrechos poderán gozar dunha narración oral mesturada con música dirixida á primeira infancia na que nenas e nenos descubrirán unha morea de animais e moitas cousas máis.

 

A actividade está recomendada para cativas e cativos de entre 6 meses e 5 anos e será totalmente de balde. Para poder asistir é necesaria reserva previa de praza no correo electrónico lingua@ponteareas.gal ou no teléfono 986 640 000, extensión 1010.

 

O edil convida a todas as nais e pais a inscribirse e gozar dunha divertida tarde de lecer en galego en familia.