O XLVII Concurso de Gaitas de Ponteareas no que participarán 15 grupos celebrarase este sábado e domingo

Co0ncurso de Gaita.A celebración do “Concurso de Gaitas” é xa unha cita habitual no programa festivo de Ponteareas, acadándose este ano a súa 47 edición que o consolida como o certame de música tradicional de máis amplia traxectoria en Galicia.
O prazo de inscrición para o concurso ponteareán rematou o pasado venres, día 12 de setembro, contando nesta edición con un total de 20 grupos inscritos. Cómpre sinalar que no apartado 4º das bases establécese que o número máximo de participantes será de quince grupos, polo tanto, cinco grupos quedan en reserva á espera dalgunha baixa de última hora.

Este ano o concurso desenvolverase na xornada do sábado, día 20 de setembro; iniciándose o mesmo ás 18:00 h. co pasacalles dos grupos participantes dende a Casa do Concello ao Auditorio Reveriano Soutullo, onde ás 19:00 h. dará comezo o XLVII Concurso de Gaitas de Ponteareas.
I
O Concello de Ponteareas aboará a todos os grupos participantes que non obteñan premio a cantidade de 200,00 euros en concepto de actuación.
Os premios son de relevancia, e mantéñense, a pesar das difucultades económicas polas que atravesamos, grazas a colaboración e apoio das empresas patrocinadoras e pola aposta decidida do concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, a favor da música tradicional e popular de Galicia, que atopa neste certame, o máis antigo e prestixioso de Galicia, unha das súas expresións máis consolidadas.

Neste concurso entregaranse os seguintes premios:

Primeiro Premio: 1.800,00.-euros
Segundo Premio: 1.200,00.- euros
Terceiro Premio: 900,00.-euros
Cuarto Premio: 600,00.- euros